29.2.08

Parabens!


Neste febreiriño longo
cos seu vintenove,
que contar soupemos ben,
celebraron o seu aniversario
Brais, Bea,
Alison e Mely,

que sempre sexan felices
e todo lles vaia ben,
como nós somos de lei
a coro lles cantamos

PARABENS!

28.2.08

Concertos no Pazo da Opera


. por Juan Brandariz Movilla
Corresponsal de O Lagarto en 3º B


Paseo en trineo


O dìa 27 de Febreiro os alumnos de 3ºB fomos ver un concerto no Palacio da Opera da Coruña.
Unha obra de Leopoldo Mozart que compuxo xusto quince dìas antes de que nacera o seu fillo Amadeus Mozart:
“Paseo en trineo”.
Trataba dun neno chamado Nicolás que no baúl do seu bisavó encontrou un violìn, e él quería empezar a tocalo, cando de repente deuse de conta de que non tiña arco, entón apareceu un elfo chamado Rodomiro que lle dixo que tiña que superar catro probas para encontrar o arco do violìn.
O final superou as catro probas e pùxose a tocar unha melodía .
A historia e moi entretida e gustoume moito.
¡Non estaría mal facer no colexio máis excursions coma ista¡




27.2.08

Vai saír O Lagarto

Los Oscars en Hollywood

. por Ana Brandariz

Un año más se celebró la Gala de la entrega de los oscars de cine en Hollywood.

Con la sonrisa en la cara y el Oscar en la mano, Javier Bardem recibe el premio al mejor actor por su interpretación en la película “ No es país para viejos “.
Javier Bardem ha pasado a la historia del cine español por ser el primer actor en conseguir un Oscar. La película fue nominadacomo: mejor película, fotografía, montaje, sonido, mejor actor de reparto, guión adaptado… etc, todos estos oscars ha conseguido la película protagonizada por Javier Bardem.
En la entrega de los Oscars Bardem lanzó uno de los discursos más emotivos de la noche y logró emocionar no solo a su madre sino a muchos de los españoles que estaban viviendo ese momento, al recordar a sus abuelos y con ellos a todos los cómicos españoles. Humildemente, dedicó el premio a España.


Javier Bardem tiene una carrera plagada de éxitos:
“ Jamón jamón “, “ Huevos de oro “, “ Los lunes al sol “ y “ Mar adentro “… etc.


!!!ENHORABUENA JAVIER BARDEM¡¡¡


26.2.08

Visitando a Voz

Visitamos A Voz




. por Alison

Hoxe fomos a Voz de Galicia, alí estaba unha chica que nos explicou todo paso a paso. Primeiro fomos ver onde traballaban os que facían os artigos, logo vimos unha plancha de aluminio que grababa os textos. Tamen vimos distintas máquinas; as que recollian os periódicos, as conduccións da tinta, que eran de catro cores: negro, vermello, azul e amarelo. Despois vimos uns rolos de papel que gardaban nun almacén, e se os estiravas de longo eran
21 km.
Alí tiñan unha máquina que se chamaba Cariñosa, porque sempre agarraba os rolos de papel de prensa.Ao final, foi o máis divertido, fomos a ver o museo onde hai xornais de hai máis de 150 anos, e nos regalaron un especial da Voz de Galicia e un video sobre a natureza.

Poema de Paz

Se non hai mais maldade
haberá mais amizade.
Se xogamos todos xuntos
cambiará o noso mundo.

Coa paz e amizade
acabaremos coa maldade.
Pola paz todos loitaremose
mais humanos neste mundo seremos.

Se cantamos todos a mesma canción
Teremos todos o mesmo corazon.
Se xuntamos todos as mans
seremos todos irmáns.

A pomba da paz imos soltar
para este mundo poder salvar.
Temos que facer un mundo mellor
para conservar o noso amor.

Bea Varela Liñares
5º A
A nosa amiga Bea, remíte este poema para os amigos de O Lagarto

Grazas Bea pola túa colaboración!


5º A

Bruna a gran estrela do pop

. Por Pili Cotelo

Bruna era unha rá moi alegre e faladora que tiña moitos amigos. Un deles era Brais, levábase xenial con el, contáballe todos os seus segredos, todos menos un, o máis importante para Bruna, que de cumplirse sería a rá máis feliz do mundo, o seu gran soño era ser unha gran estrela do pop.

Un día decidíuse a contarlle a Brais o seu soño, el quedou sorprendido e pedíulle a Bruna que lle cantara unha canción. Ao escoitala cantar por primeira vez a súa sorpresa foi aínda maior.
Brais díxolle á súa amiga que había un casting para participar en Operación Triunfo, e Bruna nada máis oir eso nono pensou e aproveitou esa gran oportunidade.
O xurado ao escoitar cantar a Bruna coa súa fermosa voz, decidíu que merecía ser a gañadora do concurso e así o foi.
Dende aquel momento convertiuse nunha gran estrela do pop, en pouco tempo gravou tres discos e xa ten un disco de ouro.

De Cine


Queres saber como son as galas dos Oscar?


Clica verás a súa historia. Todos os premiados, e un video de Bardem recollendo o premio.

A Voz de Galicia





O día 20 de febreiro os alumnos de 6º fomos a visitar en Sabón “A voz de Galicia”. A guía que nos atendeu explicounos como se facía o periódico, dende que se producía a noticia ata que chegaba a máns do lector.


Tamen tivemos a oportunidade de ver as máquinas que construían o periódico, o almacén onde se gardaban os rolos de papel de prensa, que algúns chegaban a medir máis de 21 km. Despois fomos todos a ver o museo, onde estaban algunhas das máquinas que facían o periódico antigamente. Eran unhas máquinas moi vellas e grandes. Tamén había periódicos moi vellos de fai moitos anos. Ao final a guía repartíu un especial da Voz de Galicia e un video sobre a natureza. Foi unha visita moi interesante.

25.2.08

Isto vai de cine


LXXX Edición Oscar

A Academia de Cine de Hollywood, celebrou esta madrugada a entrega dos premios 2008 para as películas realizadas neste ano.
E o gañador ao premio de mellor actor é:


JAVIER BARDEM
Oscar mellor actor 2008

Bruna na Arxentina


. por María Josefina Ayala


A rá Bruna quería ir a Arxentina pero non sabía como viaxar ata alí. Ao día seguinte Bruna preguntoulle a Rufino.
-Rufino, como vou a Arxentina?- dixo Bruna
-Tes que ir ao aeroporto a pedir unha pasaxe para ir á Arxentina - contestou Rufino.
Pasaron dous días e Bruna xa chegara a Arxentina.
Estaba impresionada.
-Ben xa cheguei!- dixo emocionada
-Agora a... divertirme!
Bruna foi a todos os sitios, viu o Mar del Prata, foi a Bariloche, tamén a Calafate e ata foi a Santa Cruz onde está o glaciar Perito Moreno.
Bruna pasouno moi ben e ao final tiña sono, moito sono.
-Aaahhh ¡ que sono teño! -dixo Bruna con sono- vou para a cama, ata mañá-.
O día seguinte chegou a Brea ( a súa charca, en Arteixo) contoulle a todos e todas as súas aventuras en Arxentina a Rufino, aos mosquitos da charca e tamén á súa familia.

22.2.08

Obradoiro de Informática

Queres ver o Planeta Azul desde o espazo?. Preme e vivirás unha apaixoante aventura.

Estás absolutamente fascinado co estudo do sistema solar? Escolle o planeta que queres visitar.

Obradoiro de Informática

Hoxe ao chegar á Aula de Informática tivemos unha sorpresa. Ao comezar a traballar, chegaron os nenos e nenas de tres anos coa súa profesora.
Nós tivemos que facer de monitores, ensinámoslles O Lagarto. Eu fun a responsable de Laura, pasámolo moi ben xuntas, foi tan bonito que espero poder volver a facelo outro día.

. por Melannie Guillín

21.2.08

O colexio


Interior do Colexio

Mª Josefina

Os nenos e nenas de 6º visitan A Voz de Galicia



. por Pili


O dia 20 de Febreiro os nenos e nenas de 6º do colexio Ramón Otero Pedrayo foron visitar as instalacions de A Voz de Galicia .
Viron a rotativa,o sistema editorial o almacén de papel, tamen visitaron o museo onde expoñen os periódicos de todos os anos e todo o mundo.
Aos rapaces regaláronlles un periódico a cada un, mais un DVD no que se fala sobre a natureza.

Visitamos a Voz










"NON PENSEDES QUE TRABALLAR
NUN XORNAL É FÁCIL"





. por Brais


Hoxe pola mañá os alumnos/as de 6º curso do colexio C.E.I.P. Ramón Otero Pedraio de A Laracha visitamos no polígono de Sabón (Arteixo), a central do periódico A Voz de Galicia, para facer un periódico coma ese fan falla diversas cousas.

Cando entramos había unha oficina na que traballan os redactores do periódico, a súa xornada comeza as 11:00 da mañá, o traballo que fan nos ordenadores vai por medio dun cableado dun edificio ao outro, alí plasman a información dos ordenadores en planchas de aluminio.

Despois, baixamos unha planta ,alí hai unha máquina expendedora que leva os periódicos colgados. Logo deso vimos outra máquina pero esta tiña os periódicos clasificados segundo o seu destinatario; cada día fanse 4 paquetes de 100 periódicos cada un para o quiosco de A Laracha.

Na industria preparan rotativas para toda Galicia: Ourense, Vigo, Pontevedra, etc… A última é a de A Coruña as 3:00, 4:00 da mañá porque está máis cerca.

Un pouco máis adiante atópase a demobinadora nas que se colocan as bobinas de 1 tonelada e media. Nunha entrada que hai a dereita encontrase un tanque de tinta negra que ten que estar a 28º de temperatura; hai 4 tipos de tinta: negra, azul, vermella e amarela.

Tamén hai un almacen de papel no que se encontran bobinas que se se estiran poden chegar a medir 21 Km, os traballadores teñen unha máquina especial para transportar esas bobinas chamada cariñosa.

Na industria de A Voz De Galicia estan moi preparados contra os apagóns porque teñen unhas máquinas que seguen dando enerxía sen que os traballadores sepan que hai un apagón.

Segundo as persoas que traballan en A Voz de Galicia o periodico máis antigo fíxose no ano 1892, esa noticia foinos trasmitida a través dunha chica moi amable que nos foi guiando durante todo o camiño, a súa única pega foi que non nos dixo o seu nome.

A Voz de Galicia é un periodico que foi publicado fai xa 125 anos grazas Don Juan Fernández Latorre. No tempo en que se icreou o periódico non era tan fácil facer os escritos posto que as letras se facían a través dunha máquina antiga; as letras eran de plomo é para poñelas no periódico plasmábanse nunhas planchas de aluminio pero para que fosen ben poñíanse do revés. Por todo eso eu creo que todas as persoas que estan pensando ser periodistas de maiores ou traballar nun xornal que non pensen que é todo moi fácil porque na miña opinión, é un traballo moi liante e sobre todo estresante.

Unha visita estupenda


NA REDACCIÓN HABÍA UN MONTÓN DE ORDENADORES

. por Cristian



O día 20 de febreiro fomos de visita a La Voz de Galicia.

Entramos polo edificio de redacción e administración alí, había un montón de oficinas e ordenadores nos que facian as follas dos periodicos, despois pasamos por unha pasarela ata a planta de impresión e expedición donde estaban as rotativas e o almacén de papel, nel tiñan unha carretilla a que lle chamaban Cariñosa.
Despois fomos visitar o museo, había un montón de periódicos, máquinas moi antiguas o periódico máis antiguo era do ano 1499 ao rematar, despois de velo todo, sacarnos unha foto, déronnos un periódico e máis un CD de documentais que se titulaba ”As mellores escapadas”.
Ao final, fomos para o autobús contentos e con ganas de volver outra vez.

20.2.08

Visita á Voz




Hoxe visitamos as instalacións da Voz de Galicia en Sabón. gustounos moito o Museo Fernández Latorre, neste enlace podereses realizar unha visita virtual.
Xa vos iremos contando todas as nosas impresions.

Eclipse de lúa


Foto: "Luar en Sésamo" (Manuela)


Entre as catro e cinco da madrugada de hoxe, haberá un eclipse de lúa que se vos erguedes tan cedo, e non hai nubes poderedes ver nos nosos ceos.


O ano pasado houbo tamén un eclipse de lúa, se recordades, que podemos ver agora neste enlace da Casa das Ciencias.






Eclipse de lúa video e secuencias do eclipse en imaxe, moi interesante, Observatorio UCM










O Lagarto



























Páxinas centrais daúltima edición de: O Lagarto.

O Lagarto




O noso Lagarto como fixo tan bo tempo andivo a tomar o sol e non acudíu á cita, velaquí o tedes, ben guapo.

19.2.08

Mañá imos á Voz


Maña mércores, iremos a Arteixo, ata o polígono industrial de Sabón, alí poderemos ver o seu Museo, instalacións do xornal "La Voz de Galicia", hoxe visitamos xa a súa páxina web, e traballamos un cuestionario sobre
os xornais, a súa historia, edición, dirección.... unha morea de cousas.
Estamos moi ilusionados coa visita.
Redacción

15.2.08

Saúdos Arxentina!

A familia de María Josefina, grandes admiradoras do Lagarto Dixital, alá na outra beira do mar, en Pilar, Bos Aires, Arxentina, votan de menos unha foto do colexio e teñen moita razón pois non había ningunha do edificio, miren que bonito é na mañanciña de este día de inverno.
Este é o Edificio 2, o "Colexio novo" para nós, nel están as aulas de Educación Primaria.

No Edificio 1, o "Colexio vello" están as aulas de Educación Infantil, que enseñaremos outro día, pero teñen que agardar un chisco a que lles explique todo Mª Josefina, que aínda que ten moita morriña está moi contenta e ten moitas amigas.

14.2.08

Investigando


Investigamos na cultura e literatura rusa para poder representala ben no desfile, tamén aprendemos que utilizan un alfabeto distinto, chamado cirílico, e foi moi divertido e interesante todo.


Adrián trouxo unha matriuska e debuxámola, mirade que bonita nos quedou. A profesora de 4º A, dona Concha, tróuxonos o conto "Matriuska" e gustounos moito.
Para agradecerllo fomos a súa clase a lle lo ler aos seus alumnos, dixeron que o fixeramos ben...


Redacción

7.2.08

O presentador


Imaxe: Mª Dolores Díaz Velasco


Brais de la Iglesia, presentador do Desfile, abandonou o micrófono para desfilar co seu grupo, non quixo nin por un intre deixar de cumprir as súas obrigacións.

TIC



Por fin chegou o momento de baixar á aula de Informática, estamos a traballar fraccións e fraccións sen parar...

Esto é unha pasada, asi entendemos todo, todo... palabra de Adrián!

Esperando...





@s compoñentes do Russian Olympic Team agardan impacientes o momento de saír á pista de desfile.

Entroido 2008: Desfile



Imaxe: Mª Dolores Díaz Velasco

O Russiam Olympic Team,
desfila na inauguración das Olimpiadas de Entroido de Paz.

ENTROIDO 2008: RUSSIAN OLYMPIC TEAM








Imaxe: Mª Dolores Díaz Velasco

No desfile de Entroido 2008 a nosa clase participou representado a Rusia, mirade o guapos e guapas que estabamos, posando para a Directora.